listaproba
divulgando-pesca-sostible.jpg
http://ocantodabalea.com/web/images/divulgando-pesca-sostible.jpg
mundo-mario-lira.jpg
a-pesca-forma-vida-lira.jpg
http://ocantodabalea.com/web/images/a-pesca-forma-vida-lira.jpg
reserva-maria-miarzos.jpg
http://ocantodabalea.com/web/images/reserva-maria-miarzos.jpg
O Canto da Balea comercializa produtos procedentes da pesca artesanal responsable. Isto significa que os seus produtos foron capturados con artes de pesca respectuosas co medio, e que se cumpren as normas que garanten a sostibilidade da súa pesquería, como son os tamaños mínimos e as épocas de captura. Este pasado 1 de xullo rematou a veda do polbo, polo que os nosos consumidores e consumidoras xa poden pedir este produto. Queremos tamén comunicar que dende o 21 de xuño...
Mil lumbrigantes nados en novembro de 2012 e en marzo de 2013 nas instalacións do I.Ga.F.A., despois dun cultivo en batea durante 10-14 meses, foron liberados onte na Reserva Mariña dos Miñarzos dentro do Plan de Repoboación que ten por obxectivo principal estudiar a supervivencia dos individuos liberados e avaliar se chegan a incorporarse ao stock da súa pesquería. A actividade do Plan de Repoboación de Galicia centrouse no cultivo, marcaxe, liberación e análise dos datos de recapturas de individuos...
Con motivo do día mundial do consumidor, O Canto da Balea S. Coop. Galega presenta o I Concurso de receitas de cociña de peixe.
O obxectivo deste concurso é seleccionar a mellor receita de cociña con peixe da pesca artesanal como ingrediente principal.
Para obter máis información e coñecer a forma de participar descarga: Bases_ConcursoReceitasCociña
Onte, 20 de xaneiro, recibimos o selo "Km 0 MarGalaica" como empresa comprometida coa calidade, sostibilidade, identidade local e co consumo responsable.
Este pasado venres 30 de xaneiro comezamos as actividades con escolares deste novo ano 2015, e de que mellor maneira que fomentando o consumo de peixe e o respecto polo mar e os seus recursos. Os rapaces e rapazas de infantil do CEIP da Escravitude convertéronse en auténtic@s cociñeir@s elaborando as súas propias croquetas de peixe. Pero antes de ser uns "masters chefs" foi necesario coñecer a anatomía dos peixes para aprender a diferenciar o que nos comemos destes animais...
O pasado xoves día 12 de xuño os alumnos e alumnas das escolas unitarias de Tal e Rois estiveron con O Canto da Balea realizando diversas actividades relacionadas cos animais mariños que habitan nas nosas costas e coa profesión de mariscadora. Ademáis decatáronse da importancia do equilibrio das cadeas tróficas.
Foi unha xornada estupenda na que estes cativos percatáronse da riqueza dos nosos mares.
Onte celebramos o Día Mundial do Medio Ambiente facendo diversas actividades arredor do medio mariño co alumnado do 4º curso de Primaria do Ceip Pedriouzos. Fo unha xornada chea de curiosidades e aventuras. Os rapaces e rapazas amosaron moitísimo interés en todas as actividades... Parabéns a estes nen@s!!!
Este pasado xoves 29 de maio os alumnos e alumnas do CEIP San Vicenzo de Vimianzo estiveron connosco para disfrutar dunha xornada de actividades en Lira. O tempo non acompañou e a choiva impediu sair a mariscar...pero os rapaces e rapazas convertéronse en auténticos pescadores que respectan os tamaños mínimos no mar. Ademáis coñeceron aos habitantes ata agora descoñecidos das nosas rochas.
Foi unha divertida xornada para tod@s!!
O pasado 29 de abril os alumnos e alumnas de 1º da ESO do IES de Brión estiveron connosco nunha xornada en Lira. Comezaron o día facendo a ruta dos naufraxios onde se decataron da cantidade de embarcacións que pasan cada día por esta zona da costa da morte, e coñeceron os principais naufraxios acontecidos neste tramo de costa. A xornada continuou cunha busca do tesouro moi mariñeira e rematamos facendo experiemntos científicos e poñéndonos no papel de auténticos pescadores...
Onte día 25 de abril o equipo de O Canto da Balea estivemos na escola EEI Extramundi, facendo dos rapaces e rapazas uns auténticos cociñeiros. Elaboraron as súas propias croquetas de peixe con moito esmero e moita ilusión. A actividade completouse cunha auténtica xornada de pesca na que puideron experimentar que ser un bo pescador non é tan doado como parece. Coñeceron a importancia de non pescar pezqueñines e rematamos o día representando as dintintas bocas que teñen os peixes. Ata...
O pasado 9 de abril recibimos en Lira aos rapaces e rapazas de 3º e 4º de primaria do CEIP Divino Maestro de Lugo. A pesar do mal tempo que houbo nos días previos, ese día saiu o sol e puidemos desfrutar dunha fantástica xornada onde @s participantes apalparon a uns peculiares animais mariños, coñeceron de preto os oficios vinculados a un porto pesqueiro e fuxiron do tragapeixes para non romper a cedea trófica no mar. Moitas grazas a todos...
Onte día 28 de marzo, O Canto da Balea estivo c@s nen@s da EEI Portocubelo realizando o obradoiro "Cociñeir@ por un día". Foi unha magnífica xornada na que puideron coñecer a anatomía dos peixes e converterse en auténtic@s cociñeir@s elaborando as súas propias croquetas de peixe. Parabéns a estes rapaces de Portocubelo polo seu bo comportamento!! Un día inesquecible para todos e.... que ricas esas croquetas de peixe!!!!
O pasado 14 de novembro recibimos en Lira ao centro CRA NOSA SEÑORA DO FARO, formado por 9 escolas unitarias. Un total de 60 nen@s de idades comprendidas entre 3 e 7 anos, viñeron a Lira para disfrutar do entorno mariño neste porto pesqueiro. Durante toda a mañán puideron converterse en mariscadores por un día, coñecer as actividades vinculadas a un porto como son as redeiras, apalpar a uns peculiares animaliños mariños e xogar coñecendo as tallas mínimas. Foi unha...
Este venres 25 de outubro os alumnos de 3º e 4º de educación primaria do CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco estiveron en Lira pasando unha xornada connosco. O pronóstico…
O Canto da Balea participamos este pasado fin de semana no Festival Marea Alta celebrado na cidade de A Coruña. Realizamos diversos obradoiros dentro das xornadas do Mercado do Mar deste festival. Así, durante estes días levamos a cabo actividades relacionadas co consumo responsable dos produtos pesqueiros. Os máis cativos puideron disfrutar de xogos relacionados cos tamaños existentes no mar, e os adultos puideron coñecer a través dun xogo, conceptos relacionados coa xestión das pesquerías. Desta forma tan divertida, tanto...
O Canto da Balea S. Coop. Galega recibimos este pasado sábado 5 de xullo no centro Ágora de A Coruña o Premio ao Mellor Proxecto Cooperativo 2014. Queremos compartir este premio con todos vós por crer no noso proxecto. Este premio danos a forza para seguir adiante e esperamos seguir traballando xuntos por un consumo responsable dos produtos da pesca artesanal. Se queredes obter máis información sobre o noso premio podedes consultar os seguintes enlaces: * O Canto da Balea, un aval para...
Onte, día 31 de maio, O Canto da Balea estivo presente na xornada de limpeza de praias de Carnota, dentro do Programa: V Xornadas eco-turistas Carnota 2014, organizadas pola Asociación Galega de Autocaravanas (AGA). Os rapaces e rapazas asistentes a estas xornadas puideron disfrutar connosco substituíndo o lixo da praia de Carnota por vida presente nestes ecosistemas. Na limpeza da "Boca do Río" percatáronse da cantidade de residuos presentes no mar e que rematan nas praias, e logo, a través...
O Canto da Balea organiza para este verán un campamento urbano, dinamizando os momentos de ocio da xuventude para facer das súas vacacións unha auténtica aventura en contacto coa natureza. O obxectivo principal destas actividades é achegar á xuventude un mundo de experiencias en contacto coa natureza e os seus habitantes, para enriquecer o seu coñecemento e potenciar o respecto cara o medio ambiente. O Campamento está dirixido a nen@s con idades comprendidas entre os 4 e os 10 anos. Levarase a...
O equipo de O Canto da Balea estivo presente os días festivos da Semana Santa na III Mostra de promoción local Víndemo Ver en Carnota. O Canto da Balea desenvolveu unha serie de actividades para os nenos e as nenas que acudían a esta feira. As actividades estaban relacionadas coa xeración de residuos por parte do home que rematan no mar e nas nosas costas. Tod@s @s participantes puideron botar unha man para substituir lixo por vida e ademáis fixeron "Artelixo...
Durante os días 14, 15 e 16 de abril desta Semana Santa, O Canto da Balea realizou unha serie de actividades lúdicas de temática medioambiental cun total de 23 nenos e nenas do entorno de Carnota e alrededores. Estas actividades leváronse a cabo na Domus Atlántica de Portocubelo, e consistiron en acercar aos cativos e cativas ao mundo da pesca artesanal, e ao medio mariño e os seus habitantes. Estes intrépidos rapaces amosaron un grande interese e gran ilusión facendo...
O pasado venres 12 de abril, O Canto da Balea impartiu o obradoiro "Recoñecemeno de Especies Pesqueiras de Interese Comercial" na Universidade de A Coruña, para o alumnado da asignatura "Sustentabilidade e Conservación da Fauna" e tamén para @s docentes da Universidade e PAS. Tod@s @s participantes mostraron gran interese e para nós foi una experiencia moi gratificante. Grazas a tod@s!!
O Canto da Balea asistiu as IX Xornadas Formativas para Informadores Turísticos sobre o Parque Nacional Marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. O curso impartiuse en dúas xornadas, o venres 4 de abril no Centro de Visitantes en Vigo e o sábado 5 de abril no Arquipiélago de Cíes. As dúas xornadas foron de grande interese, xa que trataron temas como a xestión e o funcionamento do Parque Nacional, o patrimonio cultural, os ecosistemas presentes no Parque e mesmo a...
O Canto da Balea organiza actividades lúdicas de temática medioambiental para os días laborables da semana santa de 2014. Coa realización destas actividades en Semana Santa preténdese, por un lado, proporcionar aos pais e nais unha alternativa para ter conta dos nenos mentres eles traballan e, por outra banda, ofrecer aos nenos e nenas unha serie de actividades alternativas arredor do medio mariño coas que poidan aprender mentres se divirten. O obxectivo principal destas actividades é dar a coñecer aos rapaces e...
O Canto da Balea participou o pasado 2 de decembro na presentación do VI Concurso de murais azulexo organizado por Suministros Lar, que un ano máis outorgará tres premios aos…
O pasado 3 de decembro O Canto da Balea impartiu o obradoiro “Que non che dean gato por lebre” para os hosteleiros de restaurantes do territorio GAC4 incluídos na iniciativa…
O CANTO DA BALEA S. COOP. GALEGA | Portocubelo s/n 15.002 Lira- Carnota | C.I.F. F-70378401 | Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. | Aviso Legal