Actividades lúdicas de temática medioambiental en Semana Santa

O Canto da Balea organiza actividades lúdicas de temática medioambiental para os días laborables da semana santa de 2014.

Coa realización destas actividades en Semana Santa preténdese, por un lado, proporcionar aos pais e nais unha alternativa para ter conta dos nenos mentres eles traballan e, por outra banda, ofrecer aos nenos e nenas unha serie de actividades alternativas arredor do medio mariño coas que poidan aprender mentres se divirten.

O obxectivo principal destas actividades é dar a coñecer aos rapaces e ás rapazas o medio mariño dun xeito divertido.

CARTEL SemanaSanta Portada CARTEL SemanaSanta Contraportada

 

 

 

logos pe
Go to top