Visita das escolas unitarias de Ponteceso

O pasado 14 de novembro recibimos en Lira ao centro CRA NOSA SEÑORA DO FARO, formado por 9 escolas unitarias. Un total de 60 nen@s de idades comprendidas entre 3 e 7 anos, viñeron a Lira para disfrutar do entorno mariño neste porto pesqueiro. Durante toda a mañán puideron converterse en mariscadores por un día, coñecer as actividades vinculadas a un porto como son as redeiras, apalpar a uns peculiares animaliños mariños e xogar coñecendo as tallas mínimas. Foi unha xornada moi completa e divertida para tod@s nós!!!

logos pe
Go to top