Visita do CPI Alcalde Xosé Pichel

Este venres 25 de outubro os alumnos de 3º e 4º de educación primaria do CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco estiveron en Lira pasando unha xornada connosco. O pronóstico meteorolóxico non era moi bo para ese día, pero o tempo deunos unha tregua e as actividades puidéronse facer sen ningún problema. Disfrutaron das historias dos naufraxios acontecidos nesta zona, quedaron abraiados coa escafandra do buzo Don José e remataron a xornada converténdose en auténticos científic@s e coñecendo diferentes artes de pesca. Ademáis puideron coñecer ben preto a anatomía dos polbos.

Esperamos que tod@s o pasásedes moi ben!!!!

 

logos pe
Go to top