IX Curso de Informadores Turísticos

O Canto da Balea asistiu as IX Xornadas Formativas para Informadores Turísticos sobre o Parque Nacional Marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. O curso impartiuse en dúas xornadas, o venres 4 de abril no Centro de Visitantes en Vigo e o sábado 5 de abril no Arquipiélago de Cíes. As dúas xornadas foron de grande interese, xa que trataron temas como a xestión e o funcionamento do Parque Nacional, o patrimonio cultural, os ecosistemas presentes no Parque e mesmo a importancia da conservación dun espazo natural como este.

Fixeron tamén fincapé no papel dos informadores de turismo na conservación e xestión do Parque Nacional.

O Director-Conservador do Parque Nacional inaugurou as xornadas resaltando a necesidade dunha boa información para conservar estes espazos protexidos e así poder disfrutalos.

Nas nosas mans está a responsabilidade para a conservación destes ecosistemas tan diversos. 

logos pe
Go to top