Visita do CEIP Divino Maestro de Lugo

O pasado 9 de abril recibimos en Lira aos rapaces e rapazas de 3º e 4º de primaria do CEIP Divino Maestro de Lugo. A pesar do mal tempo que houbo nos días previos, ese día saiu o sol e puidemos desfrutar dunha fantástica xornada onde @s participantes apalparon a uns peculiares animais mariños, coñeceron de preto os oficios vinculados a un porto pesqueiro e fuxiron do tragapeixes para non romper a cedea trófica no mar. Moitas grazas a todos e todas pola vosa ilusión!!

Ata a próxima!!

 Manteando  AApalpando

logos pe
Go to top