Actividades con nen@s na Feira Vindemo Ver

O equipo de O Canto da Balea estivo presente os días festivos da Semana Santa na III Mostra de promoción local Víndemo Ver en Carnota. O Canto da Balea desenvolveu unha serie de actividades para os nenos e as nenas que acudían a esta feira. As actividades estaban relacionadas coa xeración de residuos por parte do home que rematan no mar e nas nosas costas. Tod@s @s participantes puideron botar unha man para substituir lixo por vida e ademáis fixeron "Artelixo". Unha forma de concienciarnos a todos da cantidade de residuos que se atopan no mar e que están a destruir os ecosistemas mariños. 

Panel2Lixo por vida2Fotocal

logos pe
Go to top