Visita do IES Brión

O pasado 29 de abril os alumnos e alumnas de 1º da ESO do IES de Brión estiveron connosco nunha xornada en Lira. Comezaron o día facendo a ruta dos naufraxios onde se decataron da cantidade de embarcacións que pasan cada día por esta zona da costa da morte, e coñeceron os principais naufraxios acontecidos neste tramo de costa. A xornada continuou cunha busca do tesouro moi mariñeira e rematamos facendo experiemntos científicos e poñéndonos no papel de auténticos pescadores empregando diferentes artes de pesca na súa xornada de traballo.

Encantados de estar convosco!! Ata a próxima!!

logos pe
Go to top