Campamento de verán en Carnota

O Canto da Balea organiza para este verán un campamento urbano, dinamizando os momentos de ocio da xuventude para facer das súas vacacións unha auténtica aventura en contacto coa natureza.

O obxectivo principal destas actividades é achegar á xuventude un mundo de experiencias en contacto coa natureza e os seus habitantes, para enriquecer o seu coñecemento e potenciar o respecto cara o medio ambiente.

O Campamento está dirixido a nen@s con idades comprendidas entre os 4 e os 10 anos. Levarase a cabo entre as datas 30 de xuño ao 11 de xullo, de luns a venres en horario de mañá, de 9-14h. O emprazamento base será o campo de fútbol de Lira, con disposición da aula da Domus Atlántica nos casos de choiva. Aínda que o lugar de encontro sexa o campo de fútbol de Lira, realizaranse saídas polas proximidades de Portocubelo. O último día da segunda semana, o venres 11 de xullo, realizarase unha excursión ás dunas de Corrubedo.

Cada día centrarase nunha temática concreta, arredor da cal estarán deseñadas todas as actividades dese día. O fío conductor das diferentes temáticas será a natureza: o mar, os oficios vinculados a un porto, as embarcacións, a fauna e a flora, os materiais e a súa utilidade, etc

Realizarase unha reunión informativa para todos aqueles pais/nais que estean interesados, que terá lugar o xoves 5 de xuño ás 18 horas no salón de actos da Confraría de Pescadores de Lira. O prazo de inscrición será dende o 9 de xuño ata o 23 de xuño, chamando ao teléfono 658.278.249 (Lara), ou a través do correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. .

 Cartel Campamento Definitivo Programación

Prezos:

O prezo inclúe os seguintes conceptos:

- Monitores con experiencia en traballos de divulgación. O número de monitores irá en función do número de participantes inscritos, cumprindo sempre os ratios legais.
- Seguro de accidentes
- Actividades en horario de mañá, de 9-14h, de luns a venres
- Merenda a media mañá
- Autobús para a excursión o último día da segunda semana. O xantar para o día da excursión non está incluído.

Prezos:

Unha semana: 60€/nen@
Dúas semanas: 100€/nen@

Desconto para irmáns:
Para dous irmáns: Unha semana: 100€/familia, dúas semanas: 170€/familia.

 

 

 

logos pe
Go to top