Limpeza de praias en Carnota

Onte, día 31 de maio, O Canto da Balea estivo presente na xornada de limpeza de praias de Carnota, dentro do Programa: V Xornadas eco-turistas Carnota 2014, organizadas pola Asociación Galega de Autocaravanas (AGA). Os rapaces e rapazas asistentes a estas xornadas puideron disfrutar connosco substituíndo o lixo da praia de Carnota por vida presente nestes ecosistemas. Na limpeza da "Boca do Río" percatáronse da cantidade de residuos presentes no mar e que rematan nas praias, e logo, a través dun xogo, puideron coñecer a orixe destes residuos e as súas repercusións sobre o medio ambiente.

 

logos pe
Go to top