NOVASSolta de lumbrigantes na Reserva Mariña dos Miñarzos

Solta de lumbrigantes na Reserva Mariña dos Miñarzos

Mil lumbrigantes nados en novembro de 2012 e en marzo de 2013 nas instalacións do I.Ga.F.A., despois dun cultivo en batea durante 10-14 meses, foron liberados onte na Reserva Mariña dos Miñarzos dentro do Plan de Repoboación que ten por obxectivo principal estudiar a supervivencia dos individuos liberados e avaliar se chegan a incorporarse ao stock da súa pesquería. A actividade do Plan de Repoboación de Galicia centrouse no cultivo, marcaxe, liberación e análise dos datos de recapturas de individuos de lumbrigante, Hommarus gammarus. Actualmente os individuos liberados proceden do resultado da actividade docente do I.Ga.F.A, e dende o Centro de Investigacións Mariñas de Corón, en Vilanova de Arousa, lévase a cabo tanto a marcaxe dos individuos como o seguimento e avaliación dos datos de solta e recaptura. Estes datos poderían achegar información imprescindible para o coñecemento da bioloxía desta especie. Agora, o éxito deste esforzo depende da colaboración dos pescadores enviando datos de capturas e de que as persoas que se achegan á ribeira respecten e non capturen exemplares desta especie.

suelta bogavantes1 suelta bogavantes2suelta bogavantes3

logos pe
Go to top