QUE OFRECEMOS

1. Venda de produtos da pesca artesanal responsable.

Porque consideramos que esta forma de consumo é a máis comprometida e que desta forma sábese valorar a procedencia, a forma de pesca e a calidade do produto que se lles ofrece. Así ofertamos:

   Produto fresco (peixe e marisco) procedente de pequenos portos pesqueiros de Galicia.Ofrécense baixo pedido e garantindo a calidade hixiénico-sanitaria, a máxima frescura e a condición de pesca artesanal.

 

2. Divulgación

                             "Non se coida o que non se ama, non se ama o que non se coñece"

 A través das actividades que ofrecemos preténdese proporcionar os coñecementos necesarios para unha comprensión máis ampla do medio mariño e así fomentar a súa protección e conservación, ao mesmo tempo que pasamos un bó día.

    • Roteiros Guiados: Para coñecer de preto a forma de vivir do mar, como se traballa, que especies se explotan, os oficios vinculados a un porto ou os naufraxios acontecidos nesta zona da costa da morte. Estes roteiros están guiados por biólogos de O Canto da Balea e mariscadoras da zona.

    • Obradoiros sobre consumo de peixeCoñeces o que comes? Distingues a calidade do que mercas?

    • Actividades para escolaresAprende xogando!! O enclave de Lira, en Carnota, achega aos escolares un mundo de experiencias en contacto co medio mariño e os seus habitantes!! Tamén temos actividades lúdico-formativas que se poden impartir nos centros de ensino.

    • Experiencias mariñeiras: Apalpando un mar saboroso!! Para os turistas máis curiosos e con ganas de disfrutar dunha xornada mariñeira, temos preparada unha combinación de actividades moi completa.

 

3. Asesoramento técnico

A cooperativa O Canto da Balea ten experiencia na realización de traballos e estudos técnicos de carácter medioambiental e mariño.

 

logos pe
Go to top