Asesoramento técnico

O Canto da Balea é unha cooperativa constituída por doutores e licenciados en Bioloxía e Ciencias do Mar.

Os seus compoñentes contan con 15 anos de experiencia traballando en investigación, asesoramento técnico e formación a xestores de pesqueiras, pescadores e mariscadores.

Os campos de experiencia nos que realizaron traballos:

      • Avaliación de poboacións dos recursos marisqueiros
      • Investigación aplicada para a xestión dos recursos
      • Estudos técnicos de carácter ambiental para a ordenación do territorio
      • Calidade dos produtos da pesca
      • Manipulación, procesado e transformación de produtos da pesca
      • Divulgación e promoción da tecnoloxía e a ciencia aplicada á conservación, xestión, comercialización e consumo dos recursos mariños.

Se queres obter máis información ao respecto, contacta connosco

logos pe
Go to top