Aprende Xogando

O enclave de Lira, en Carnota, achega á xuventude un mundo de experiencias en contacto co medio mariño e os seus habitantes. As actividades propostas están relacionadas coa divulgación da bioloxía e as ciencias do mar, o medio mariño e a explotación dos recursos, as especies mariñas e as artes de pesca empregadas para capturalas. En definitiva, as actividades que O Canto da Balea desenvolve, darán a coñecer aos escolares o mundo da pesca artesanal, os oficios mariñeiros e o medio mariño, co fin de enriquecer o seu coñecemento e potenciar o respecto ao medio ambiente.

Existen actividades para tódolos niveis educativos e entre elas figuran: rutas guiadas por mariscadoras, exposición dedicada ás artes de pesca, experimentos sinxelos relacionados co medio mariño e xogos relacionados coa pesca artesanal e as ciencias mariñas. Os rapaces e rapazas convértense nos auténticos protagonistas destas actividades, sempre enfocadas dende un punto de vista científico.                                                                                                                  

Imagen-aprendeJPG

   Ciencia a mares  nasas

 

 

Para ver a descrición de cada actividade podes descargar o noso programa para escolares: O Canto da Balea_Ensino

O tragapeixes, O tesouro de Drake, Apalpando o mar, Ciencia a mares, Artelixo, e moito máis...

 

Documentos relacionados:
logos pe
Go to top