Experiencias mariñeiras

Proposta A: "Imos de ruta"

Unha ruta a elexir entre todas as ofertadas.

- Ruta dos naufraxios: de luns a domingo en horario de mañá ou de tarde.

- Ruta das mariscadoras: de luns a domingo. O horario e o día da actividade deberá adaptarse aos horarios das mareas. Informarémoste da mellor data.

- Ruta do porto: de luns a domingo, en horario de mañá ou de tarde.

Duración: 1h-1.30h

Proposta B: "Coñecendo un mar saboroso"

Poderás realizar un obradoiro sobre consumo de produtos da pesca:

- Obradoiro de recoñecemento da frescura do peixe: de martes a sábado en horario de mañá ou de tarde.

- Obradoiro de recoñecemento de especies: de luns a domingo en horario de mañá ou de tarde.

Duración: 1h-1:30h

Este obradoiro pode combinarse con xantar.

Número mínimo de participantes: 5

Proposta C: "Vivindo o porto"

Podes realizar unha ruta e un obradoiro para completar a xornada dunha forma totalmente práctica.

logos pe
Go to top