Obradoiros

Obradoiros sobre consumo de produtos da pesca

Coñeces o que comes?   Distingues a calidade do que mercas?   Coñeces a pesca artesanal? 

Actividade totalmente práctica onde empregando exemplares reais e guiados  por biólogos mariños de O Canto da Balea, os participantes poderán recoñecer a frescura do peixe ou identificar as especies comerciais máis comunmente confundidas e a distinguilas daquelas que ás veces son empregadas para suplantalas.

 

 

 

 

 

Algúns dos obradoiros que che propoñemos son:

    • Recoñecemento de especies
    • Recoñecemento de frescura
    • Consumo seguro de peixe
    • Propiedades nutritivas
    • Conservación, preparación e cociñado
logos pe
Go to top