Rutas Guiadas

Rutas guiadas por mariscadoras de Lira e biólogos de O Canto da Balea

Ruta do Porto:

Nesta ruta ao longo de Portocubelo coñeceranse os barcos e as artes de pesca empregadas, a forma de conservar o peixe, as especies capturadas, a funcionalidade das construccións e a forma de vivir do mar.

Desta forma tentaremos que o visitante coñeza de preto a vida dun porto e dunha comunidade mariñeira.

Ruta das mariscadoras:

Nesta ruta poderedes coñecer de preto a forma de vida das mariscadoras de Lira. Contaranvos de primeira man que especies explotan e como se xestiona o marisqueo “a pé” .

Ruta dos naufraxios:

Numerosos naufraxios aconteceron nestas costas.Afundíronse pequenas embarcacións pesqueiras e grandes buques militares, pero algúns naufraxios deixan marcas que non se borran. Ao longo desta ruta descubriremos paisaxes, historias de barcos afundidos e de rescates. 

Se queres realizar algunha destas rutas e obter máis información non dubides en poñerte en contacto connosco.

logos pe
Go to top