QUEN SOMOS

Estamos preocupadas pola sostibilidade da pesca artesanal en Galicia"

Pesca Alternativa en Galicia

Somos un grupo de biólogos mariños con ampla experiencia no sector pesqueiro artesanal galego realizando labores técnicos e de asesoramento nas confrarías de pescadores. Contamos con amplos coñecementos da pesca de baixura, do traballo que realizan os nosos pescadores e mariscadoras e dos produtos que se extraen do mar para ser comercializados.

Contamos coa colaboracion da Confraría de pescadores de Lira. Esta confraría leva anos traballando na defensa da pesca artesanal sostible. No ano 2007, por iniciativa dos pescadores, declárase a primeira Reserva Mariña de Galicia, “Os Miñarzos”.

Media

logos pe
Go to top