NOVAS
Novas do mar

Novas do mar (25)

Este pasado venres 30 de xaneiro comezamos as actividades con escolares deste novo ano 2015, e de que mellor maneira que fomentando o consumo de peixe e o respecto polo mar e os seus recursos. Os rapaces e rapazas de infantil do CEIP da Escravitude convertéronse en auténtic@s cociñeir@s elaborando as súas propias croquetas de peixe. Pero antes de ser uns "masters chefs" foi necesario coñecer a anatomía dos peixes para aprender a diferenciar o que nos comemos destes animais do mar. Os rapaces e rapazas disfrutaron ao máximo desta actividade que rematou cun xogo sobre a pesca.

O equipo de O Canto da Balea quedamos encantados coa participación destes nenos e nenas!! Moitas grazas por aprender connosco!!

Foto0275 Foto0276 Foto0282

O Canto da Balea participamos este pasado fin de semana no Festival Marea Alta celebrado na cidade de A Coruña. Realizamos diversos obradoiros dentro das xornadas do Mercado do Mar deste festival. Así, durante estes días levamos a cabo actividades relacionadas co consumo responsable dos produtos pesqueiros. Os máis cativos puideron disfrutar de xogos relacionados cos tamaños existentes no mar, e os adultos puideron coñecer a través dun xogo, conceptos relacionados coa xestión das pesquerías. Desta forma tan divertida, tanto cativos como adultos, leváronse pequenas ideas que contribúen á sensibilización sobre a sobreexplotación dos nosos recursos.

20140921 121602  20140920 Manteo 20140921 Adultos 20140921 familias

O Canto da Balea comercializa produtos procedentes da pesca artesanal responsable. Isto significa que os seus produtos foron capturados con artes de pesca respectuosas co medio, e que se cumpren as normas que garanten a sostibilidade da súa pesquería, como son os tamaños mínimos e as épocas de captura. Este pasado 1 de xullo rematou a veda do polbo, polo que os nosos consumidores e consumidoras xa poden pedir este produto. Queremos tamén comunicar que dende o 21 de xuño ata o 16 de novembro queda prohibida a captura de centola e boi.

O Canto da Balea S. Coop. Galega recibimos este pasado sábado 5 de xullo no centro Ágora de A Coruña o Premio ao Mellor Proxecto Cooperativo 2014. 

Queremos compartir este premio con todos vós por crer no noso proxecto. Este premio danos a forza para seguir adiante e esperamos seguir traballando xuntos por un consumo responsable dos produtos da pesca artesanal.

Se queredes obter máis información sobre o noso premio podedes consultar os seguintes enlaces:

 

O pasado xoves día 12 de xuño os alumnos e alumnas das escolas unitarias de Tal e Rois estiveron con O Canto da Balea realizando diversas actividades relacionadas cos animais mariños que habitan nas nosas costas e coa profesión de mariscadora. Ademáis decatáronse da importancia do equilibrio das cadeas tróficas.

Foi unha xornada estupenda na que estes cativos percatáronse da riqueza dos nosos mares.

Onte celebramos o Día Mundial do Medio Ambiente facendo diversas actividades arredor do medio mariño co alumnado do 4º curso de Primaria do Ceip Pedriouzos. Fo unha xornada chea de curiosidades e aventuras. Os rapaces e rapazas amosaron moitísimo interés en todas as actividades... Parabéns a estes nen@s!!!

 

Páxina 1 de 5
logos pe
Go to top